III Foro "Lugh Augusti"

jueves, 17 de diciembre de 2015

Desculturización programada



Miguel A. Martínez

Desculturización programada das clases medias xera tendencias borrosas, efectos difíciles de anticipar. Hai trazos coñecidos: o antiintelectualismo, o rancor ao culturalmente sólido, o infantilismo estético, a rotura co rigor, o hedonismo posmoderno, o relativismo naif, o distanciamento de calquera produto artístico e intelectual relevante no material e complexo no formal. En que consiste esta neutralización da cultura en xeral e do pensamento en particular?
O sensacionalismo impresionista ocupa un lugar importante na conciencia cidadá. Desde que ás persoas se lles furta a posibilidade de coñecer (no ensino) e practicar (no ámbito público) a filosofía como forma de vida, as ideas e argumentos convértense en impresión nas que mergullarse con máis ou menos pracer. Sensacións sobre as que deslizarse cun aceno de entrega intensa ou fría indiferenza. En calquera caso, nada. Puro nada. Non por iso debemos crer que a esgazadura entre o uso da razón e os gustos globais é un asunto de manipulación comercial, mala fe, decadencia cultural, parva entrega ás novas tecnoloxías. Segundo filósofos tan distantes como Theodor Adorno e Alain Badiou ten, mais ben, relación coa verdade.
Unha arte que non transmite verdade, un exercicio intelectual que non nace da vocación de verdade, unha ciencia feita sen ansia verdade, renuncian a ser expresión do compromiso co humano, de poñer remedio ao seu sufrimento. Cabo do odio á grande cultura, á filosofía, á ciencia, está o rexeitamento do humano. Fascismo, totalitarismo, fundamentalismo, cinismo (como ideoloxía global), son algunhas das súas figuras.
Esgazada a relación entre o humano e a verdade, o pensamento empobrécese e pasa a ser simple emoción (intelixencia emocional). Desafiúzase de si e muda en monumento venerable (memoria inerme).
Nesta esgazadura hai unha marcada tendencia represiva e un odio ao individuo cultivado máis que un auténtico desexo de solidariedade entre humanos. Negarse a aprender calquera cousa que requira constantes esforzos intelectuais, glorificar ao home común, fetichizar contidos sociais estandarizables: será o noso legado? Faremos da mocidade a fiel herdeira dunha vida falsa que se move entre a fantasía do pasado que non foi e a innovación dun futuro estéril?
A transmisión ás xeracións futuras deste clima anticultural revela a existencia dunha estrutura: cultura e arte empréganse como forzas de manipulación dirixidas desde pautas ideolóxicas. Asemade, as persoas cansadas polo esforzo laboral e fartas da vida social, demandan esa mesma orientación cultural. Devecen por descargarse dunha existencia pesada, demasiado pesada. O alivio convértese en alucinación, a desculturización en saber, o delirio en opinión. A non ser que restablezamos o nó da filosofía, a cultura e a arte coa verdade. Velaí a nosa tarefa!

Publicado no Progreso o 12-12-2015

Coñecer e pensar



Xosé Ramón Cando

Adorno, trala Segunda Guerra Mundial, modifica o imperativo categórico kantiano para afirmar: «Actúa de tal maneira que Auschwitz non se volva repetir». No mesmo sentido Hannah Arendt, referíndose ao Holocausto, repite: «Xa vivimos o inferno e este pode volver suceder».
Arendt, no seu estudo sobre a banalidade do mal establece unha interesante distinción entre coñecer e pensar, sinalando que coñecemos ideas, que o coñecer nos permite elaborar teorías e resolver problemas técnicos pero o pensar precisa empatía, poñerse no lugar do outro, desenvolver un diálogo interior mediante o que intentar resolver problemas morais.
Arendt non está propoñendo nada novo posto que ela mesma pon como exemplo deste pensar, deste diálogo interior, ao vello Só- crates que foi quen de abrir para a filosofía ese vieiro introspectivo e autocrítico do que Arendt se confesa debedora. Arendt establece que a falta de diálogo interior afecta especialmente a nihilistas (sempre dispostos a achegarse a quen os poida beneficiar, sen reparos morais), a dogmáticos (sinala como exemplo destes ás ducias de miles de comunistas que se afiliaron ao partido nazi para poder seguir sendo dogmáticos) e, para rematar, aos cidadáns normais (aqueles que te- ñen entronizado o costume e han seguilo ata onde faga falla para non saírse da sociedade da que forman parte).
Concretamente na Alemaña dos anos trinta, segundo Arendt, os mencionados tres grupos sociais abranguían mais do 50% da sociedade, formando o caldo de cultivo que alimentaría o inferno nazi. Con todo aínda atopamos concidadáns/as para quen a reflexión filosófica non ten razón de ser nas aulas de bacharelato, porque obstaculiza aprendizaxes, sen dúbida, mais útiles e polo tanto supón unha perda de tempo. En terminoloxía ‘arendtiá’ existe unha maioría social que defende o co- ñecer (cousa recomendable) pero en detrimento do pensar (pouco recomendable). Non interesa a empatía, o diálogo interior nin a resolución de problemas morais, mesmo aínda que a non resolución dos mesmos conduza a unha patoloxización psicosomática sen fin.
Con todo, o caldo de cultivo antes mencionado, tamén se da nos nosos días, se cadra en maior medida que no tempo e o espazo sinalados e, segundo Arendt esa mistura resulta letal cando prende nela a mecha do fanatismo, tal e como sucedeu daquela. Está de actualidade en Europa a existencia de centos (ou miles) de mozos e mozas dispostos a morrer matando. Non e unha epidemia que veña de lonxe, e unha secreción desta sociedade nihilista que valora, por riba de todo, o enriquecemento económico persoal, sen someter dito valor ao necesario diálogo interior do que fala Arendt, diálogo que debe establecer o montante de benestar, de felicidade que dito proceso nos ha proporcionar.
Esta Europa do coñecer na que o pensar e absolutamente minoritario, está a se converter nun niño de terroristas paridos por ela mesma que, en moitos casos non son fanáticos dun deus ou dunhas crenzas determinadas e, en bastantes, de ningunha crenza relixiosa. Pero esta nai está disposta a eliminar o perigo que representa esta prole non desexada tirando bombas en países alonxados e matando de paso o presente e o futuro dunha xeneración de rapaces e rapazas deses países que xa están chamando as portas desa mesma Europa que vén de os expulsar da súa terra. Compre lembrar o imperativo categórico de Adorno: «Actúa de tal maneira que Auschwitz non se volva repetir».

Publicado no Progreso o 5-12-2015

Reorientar a mirada



José Domingo de Prada

Non sei se a seguinte situación lles di algo: hora de comer/cear, televisión accesa na cociña, charla desinteresada co ruído de fondo que chega do aparato e de pronto, comezan a falar e amosar imaxes de refuxiados, atentados, miserias, fames, deportacións ou crueldades tales que descualifican a calquera que se asome a elas. A un, sentado ante a mesa e asentado no primeiro mundo, se lle fai un pequeno nó na gorxa que impide o fluído trasfegar do bolo alimenticio. Rubricamos un ricto de indignación (breve, hai que recompoñer a faciana para facilitar a deglución), pronunciamos unhas verbas contra a inxustiza e a depravación social (allea, nós non formamos parte dela), botamos unha ollada aos nosos familiares (que nos recompensan pola actitude moral superior que acabamos de amosar) e continuamos, a partir dese momento, coa comida que espera no prato, coas novas imaxes que nos serven na pantalla e cos nosos lacerantes problemas cotiás. Así, entre todos  conseguen que esquezamos aqueloutras imaxes tan desacougantes, distantes, alleas.
Lembran o que se indignaron coa imaxe do neno sirio afogado na praia? a que esa indignación decaeu co segundo neno afogado? a que despois de velos mortos, velos tremelar de frío xa non impresiona? a que estamos criando callo ante o sufrimento alleo? e, a que o callo e cada día máis grande e máis duro, tanto, tanto coma unha coroza?
Pois velaí que a algúns nos dá de cando en vez por escarvar no callo, e resulta que debaixo del a carne é máis sensible. É doloroso, pero haino que facer; non para poder manter ergueita a mirada, a iso non temos dereito ninguén do primeiro mundo, senón só para non sucumbir ante a nosa ignominia moral. O que ocorre nas fronteiras de Centroeuropa, no corazón de África, no Oriente Medio, en Asia ou América do Sur, é responsabilidade do Occidente limpo e benpensante, dos pulcros cidadáns consumidores de produtos inmaculados, dos suxeitos de dereitos carentes de deberes, daqueles que non ven alén do seu embigo ou o seu interese. Como a periodista serbia, cambadelamos aos que máis o necesitan, e coma ela, despois demandámolos por interpoñerse no noso camiño. Mal que nos pese, parecémonos máis a ela que ao pai que cae co fillo en brazos.
Di Michel Foucault  que hai momentos nos que mirar e pensar de forma diferente é a única posibilidade para seguir observando e reflexionando. Creo que este é un deses momentos, porque nós, cegos pola sobreexposición ás imaxes, temos que aprender a mirar de novo se queremos ver algo;  porque apampados polo exceso de información banal que consumimos desaforadamente, temos que aprender a pensar outra vez desde a simplicidade do natural e desde a complexidade do humano.
Necesitamos facer este exercicio de renovación da mirada e do pensamento, non só porque nós somos o punto de encontro das crueldades e miserias da humanidade, en palabras de Gluksman, senón tamén, e sobre todo, porque nós somos a única posibilidade de superación desas mesmas crueldades e miserias.

             Publicado no Progreso o 28-11-2015

Expropiación de la filosofía



Juan Carlos Fernández Naveiro

“La filosofía proporciona un análisis y capacidad de reflexión transversal que debería estar presente en todas las disciplinas que tienen por objetivo mejorar la comprensión del mundo actual y desarrollar respuestas adecuadas a los retos a los que nos enfrentamos“, “la filosofía es una disciplina que estimula el pensamiento crítico e independiente y es capaz de trabajar en aras de un mejor entendimiento del mundo, promoviendo la paz y la tolerancia”: estas afirmaciones proceden de los documentos de la UNESCO que declararon en 2005 la celebración del Día Mundial de la Filosofía, que desde entonces se celebra el tercer jueves de noviembre para impulsar la importancia de la filosofía en la cultura y los sistemas educativos.
Son afirmaciones bienintencionadas en lo que se refiere a los principios; si por el contrario nos atenemos a la realidad observamos algo bien distinto: la complicidad entre una sociedad cada vez más individualista y privatizada, y las exigencias de publicidad y transparencia, con la constante exposición digital. Si el clásico “idiotés” designaba al que se desentendía de la cosa pública, hoy hablaríamos del ciudadano expropiado de sí y aturdido por el flujo excesivo de datos. Es la misma coherencia que se da entre la privatización de la filosofía, reducida a las terapias de autoayuda (donde tiene un gran éxito), y el enfoque de su dimensión pública con el criterio de la inmediatez utilitaria y el conformismo.
Lo que recibe promoción social es la integración en las ideas dominantes mediante el consumo y la multiplicación de los datos en las redes. Bajo tal perspectiva es lógico el debilitamiento de la filosofía en los sistemas de enseñanza. Se impone una idea de la educación como proceso mecánico y automatizable, en el que el arte de enseñar se sustituye por procedimientos estandarizados que se inserten en el modelo empresarial del holding público/privado, que es el destino de toda institución ilustrada (abreviando: el modelo LOMCE).
¿Qué puede hacerse por la filosofía en su Día Mundial? Defenderla como bien común, porque la filosofía puede ayudarnos contra las amenazas de un choque de culturas, de religiones o de civilizaciones, cosa que no parece menor. La filosofía puede contribuir a elaborar nuevas identidades enriquecidas con la diversidad, y en lo educativo puede articular a los otros saberes e integrarlos en procesos transversales de disciplinas que se realimentan y se conectan con la vida real. Y para defender esta utilidad de la filosofía debe reconocérsela como un bien civil y común, sustraída al interés comercial y a cualquier otra soberanía. La protección jurídica del derecho a la filosofía, como parte del patrimonio inmaterial de la humanidad, eso es lo que hemos defendido este 19 de noviembre, y todo indica que habrá que seguir defendiéndolo todavía durante bastante tiempo.

Publicado no Progreso o 21-11-2015