Carmen González López
¿ Qué terá o poder político que aquel
que chega a el non quere deixalo?.
Estamos a ver nestes días que o mal goberno
e o uso dexenerado do poder convértese na regra en vez de ser a excepción.
Xa Aristóteles establecía que existían
tres formas de poder : o do pai sobre os fillos, o de o amo sobre os escravos e
o do gobernante sobre os gobernados. O primeiro debe exercerse para o beneficio
dos fillos o segundo para a vantaxe do amo e o terceiro o político, para
beneficio de ambas partes.
Débese por tanto diferenciar entre o bo
e o mal goberno, entre aquel que busca o ben individual e o que busca o ben
común, (sería este último o denominado bo goberno). O mesmo Rousseau, xa
diferenciaba entre “vontade xeral” fronte a “vontade particular o individual”,
se a segunda se impón sobre a primeira
produciríase a ruína do corpo político.
Estamos vivindo na nosa sociedade, situacións
que levan a relacionar o poder político con algo negativo. Xa alguén dixo “se
queres coñecer a un home dálle poder” e “todo poder corrompe e o poder absoluto
corrompe absolutamente”.
Hoxe en día estamos a ver como os
políticos a maioría das veces se serven do poder para fins particulares e non
entenden que o poder que ostentan solo deben utilizalo para servir os cidadáns
que os elixiron, ese servizo será o seu límite.
A cidadanía está farta e está saíndo a
rúa para protestar sobre a corrupción política, tal vez porque o número de
representantes políticos implicados é cada vez maior, e está cada vez mais
presente tamén no caso dos alcaldes elo a pesar de que son os máximos
representantes da política municipal, é precisamente na política municipal onde
mais frecuentes son as irregularidades e ilegalidades. Fai pouco saíu na prensa que al menos 157 son os
políticos que están imputados en causas xudiciais, os que se suman técnicos ,
funcionarios y particulares ligados os anteriores. Operacións xudiciais como as
dos casos Pokemon, Carioca, Campeón, Torre, Orquesta, Paneles, Rey, Arena,
Gondomar o Gürtel, así o confirman, e como estamos a ver uns alcaldes dimiten e
outros non.
Os propios cidadáns deberán vixiar que
o exercicio que faga do poder o representante elixido non se abusivo e excesivo,
para non caer no mesmo erro e votalo de novo. Uns dos primeiros defensores dos
dereitos foron Aristóteles e Cicerón, o primeiro dicía que o poder debía
exercerse a través do Dereito, posto que ni o mellor dos gobernantes, nin o más
sabios, podían prescindir do cumprimento da lei. É por iso, non deben estar
exentos de responsabilidade, e esta estará presente tanto nos actos cometidos
dende o poder como nos omitidos dende o mesmo.
O gobernante ou político debe ser
responsable non so dos actos individuais senón dos actos do seu equipo de goberno
pois el os elixiu e debe saber o que fan en todo momento dende o seu posto
político, presuponse que entre eles debe existir comunicación xa que se
xuntaron para cumprir as mesmas metas e e obxectivos.
Non sei si será necesario recordar que
a función primordial da Constitución é limitar e controlar o Poder para que
este non esté concentrado en ningún órgano o ente individual.
A etimoloxía da palabra política, é
“polis” que fai referencia a poder vivir conxuntamente, é polo tanto trae
consigo a vinculación entre ética,
política e poder no marco das relación dos seres humanos.
Non debe polo tanto esquecerse como xa
nos dicían os antigos filósofos que esta vinculación debe darse para conseguir
un fin común: o ben dos cidadáns e non o beneficio particular do político o dos
seus membros de goberno. Como consecuencia disto o poder político debe
utilizarse para o cumprimento dos fin colectivos respectando as regras
establecidas para elo.
Como estamos a ver, todos os días sae
nos medios de comunicación que isto non se fai así ,os beneficios particulares
priman sobre os colectivos e isto trae consigo no só un mal goberno senón unha
dexeneración e un mal exercicio do poder político.
Os cidadáns terán que reflexionar mais
a hora de elixir nas urnas a o seu representante político xa que como estamos
vendo unha mala elección levará a resultados desafortunados.
A política, aínda que en se mesma ten
uns ideais fundamentais e positivos, cando é levada a práctica por un “mal
político”, perde os seus principios e vólvese a un terreo onde se entrecruzan
moitos intereses e é fácil “confundir” o ben e o mal.
Publicado no Progreso o 30-12-2012
No hay comentarios:
Publicar un comentario