miércoles, 25 de diciembre de 2013

Mala praxe do poder político



Carmen González López

      ¿ Qué terá o poder político que aquel que chega a el non quere deixalo?.
      Estamos a ver nestes días que o mal goberno e o uso dexenerado do poder convértese na regra en vez de ser a excepción.
      Xa Aristóteles establecía que existían tres formas de poder : o do pai sobre os fillos, o de o amo sobre os escravos e o do gobernante sobre os gobernados. O primeiro debe exercerse para o beneficio dos fillos o segundo para a vantaxe do amo e o terceiro o político, para beneficio de ambas partes.
      Débese por tanto diferenciar entre o bo e o mal goberno, entre aquel que busca o ben individual e o que busca o ben común, (sería este último o denominado bo goberno). O mesmo Rousseau, xa diferenciaba entre “vontade xeral” fronte a “vontade particular o individual”, se a segunda se impón sobre a primeira  produciríase a ruína do corpo político.
      Estamos vivindo na nosa sociedade, situacións que levan a relacionar o poder político con algo negativo. Xa alguén dixo “se queres coñecer a un home dálle poder” e “todo poder corrompe e o poder absoluto corrompe absolutamente”.
      Hoxe en día estamos a ver como os políticos a maioría das veces se serven do poder para fins particulares e non entenden que o poder que ostentan solo deben utilizalo para servir os cidadáns que os elixiron, ese servizo será o seu límite.
      A cidadanía está farta e está saíndo a rúa para protestar sobre a corrupción política, tal vez porque o número de representantes políticos implicados é cada vez maior, e está cada vez mais presente tamén no caso dos alcaldes elo a pesar de que son os máximos representantes da política municipal, é precisamente na política municipal onde mais frecuentes son as irregularidades e ilegalidades. Fai  pouco saíu na prensa que al menos 157 son os políticos que están imputados en causas xudiciais, os que se suman técnicos , funcionarios y particulares ligados os anteriores. Operacións xudiciais como as dos casos Pokemon, Carioca, Campeón, Torre, Orquesta, Paneles, Rey, Arena, Gondomar o Gürtel, así o confirman, e como estamos a ver uns alcaldes dimiten e outros non.
      Os propios cidadáns deberán vixiar que o exercicio que faga do poder o representante elixido non se abusivo e excesivo, para non caer no mesmo erro e votalo de novo. Uns dos primeiros defensores dos dereitos foron Aristóteles e Cicerón, o primeiro dicía que o poder debía exercerse a través do Dereito, posto que ni o mellor dos gobernantes, nin o más sabios, podían prescindir do cumprimento da lei. É por iso, non deben estar exentos de responsabilidade, e esta estará presente tanto nos actos cometidos dende o poder como nos omitidos dende o mesmo.
      O gobernante ou político debe ser responsable non so dos actos individuais senón dos actos do seu equipo de goberno pois el os elixiu e debe saber o que fan en todo momento dende o seu posto político, presuponse que entre eles debe existir comunicación xa que se xuntaron para cumprir as mesmas metas e e obxectivos.
      Non sei si será necesario recordar que a función primordial da Constitución é limitar e controlar o Poder para que este non esté concentrado en ningún órgano o ente individual.
      A etimoloxía da palabra política, é “polis” que fai referencia a poder vivir conxuntamente, é polo tanto trae consigo  a vinculación entre ética, política e poder no marco das relación dos seres humanos.
      Non debe polo tanto esquecerse como xa nos dicían os antigos filósofos que esta vinculación debe darse para conseguir un fin común: o ben dos cidadáns e non o beneficio particular do político o dos seus membros de goberno. Como consecuencia disto o poder político debe utilizarse para o cumprimento dos fin colectivos respectando as regras establecidas  para elo.
      Como estamos a ver, todos os días sae nos medios de comunicación que isto non se fai así ,os beneficios particulares priman sobre os colectivos e isto trae consigo no só un mal goberno senón unha dexeneración e un mal exercicio do poder político.
      Os cidadáns terán que reflexionar mais a hora de elixir nas urnas a o seu representante político xa que como estamos vendo unha mala elección levará a resultados desafortunados.
      A política, aínda que en se mesma ten uns ideais fundamentais e positivos, cando é levada a práctica por un “mal político”, perde os seus principios e vólvese a un terreo onde se entrecruzan moitos intereses e é fácil “confundir” o ben e o mal.

Publicado no Progreso o 30-12-2012

No hay comentarios:

Publicar un comentario