miércoles, 19 de febrero de 2014

«¡Nacionalista!» «¡Y tú Más!»



Carlo R. Sabariz
 
DICE EL refranero popular que «a perro flaco, todo son pulgas», y esto es lo que le está ocurriendo a nuestro país. A los consabidos problemas de desempleo, deuda pública, descrédito de la clase política, desmantelamiento de la educación y la sanidad y un largo etcétera, se ha venido a sumar el problema de la unidad territorial.
A partir sobre todo de la transición de Alianza Popular a Partido Popular y el consiguiente relevo generacional, la derecha española se ha esforzado por adaptarse a las formas democráticas y atenuar el vínculo que le une por línea directa al régimen del generalísimo. En este intento, ha elaborado un sofisticado neolenguaje. No entraré en la cuestión -peliaguda- de si las formas reflejan o determinan o velan el fondo, solo apuntaré un par de ejemplos. El primero se refiere al uso del término «nacionalista», que en esta nueva semántica solo es atribuible a los otros, los de las regiones periféricas, y que debe entenderse como algo negativo y retrógrado. La otra expresión es un lema, aquel «Dios y Patria» que ha mutado en: «Valores católicos y unidad territorial», suena menos entusiasta, pero no está la cosa para proclamas y banderas.
Nuestro paisano, el señor Mariano Rajoy, aunque últimamente parezca que se está pasando al taoísmo, es un convencido católico y defensor de la patria, ¡ejem!, mejor decir, de la unidad del Reino de España. Le gusta hacer las cosas con sentido común, como Dios manda, y su sueño es ver a Gibraltar hablando solo español -Ceuta y Melilla no aparecen en el cuento-. La verdad es que el hombre no da abasto con la que tiene encima y he aquí, que al señor Mas le da ahora por abanderar un proceso soberanista en Cataluña. Que el señor Mas era un convencido nacionalista -catalán- era algo que todos sabíamos, que tuviera ínfulas de líder, también, que defendiera un estado catalán independiente... esto nunca se le había escuchado. Y creo que Rajoy tampoco lo esperaba de él, un economista de buena familia, estudiado, con aire de alto ejecutivo de banca, alguien que sale tan bien en las fotos y que siempre se ha mostrado partidario del liberalismo económico. Pero Rajoy, en su línea, se mantiene y se mantendrá tranquilo, dejando que las cosas fluyan (principio taoísta) y vuelvan a su cauce natural. Me parece que no acaba de casarle el asunto de que un representante de la economía neoliberal pueda liderar un proceso soberanista, algo que toca al sentimiento y a la identidad cultural por encima de prioridades mercantiles y financieras. Y creo que, a parte de sus socios de Unió, una buena parte de sus votantes tampoco ve con buenos ojos esta nueva vía -perdió 12 escaños en las elecciones que de forma anticipada convocó en noviembre del 2012-.
Rajoy sabe que los tiempos juegan a su favor, y así lo ha dejado claro esta semana en Barcelona, en el acto inaugural del Foro Económico del Mediterráneo Occidental: «En el siglo XXI es imposible vivir al margen de una sociedad internacional cada vez más interdependiente. El mundo camina irremisiblemente hacia procesos de integración. Lo moderno es la unión, no la disgregación». Bonito discurso que podría haber firmado Zapatero -o sus asesores-. Sí, los tiempos son de integración, pero de momento vemos más fusiones de bancos y empresas que globalización de los derechos humanos o respeto de las minorías.
Muchos piensan que la maniobra de Mas es una cortina de humo para desviar la atención de los numerosos casos de corrupción en los que está implicado su partido -véase: el expolio del Palau, la trama de las ITV, las comisiones y adjudicaciones irregulares de la sanidad pública o el desfalco de las cajas de ahorro catalanas-. Quizá Rajoy también lo piense, y por eso espera que el ruido se vaya amortiguando y llegue el momento de empezar a negociar.
No hay duda de que ambos profesan un nacionalismo -catalán o español-, pero ellos saben que es mucho más lo que les acerca que lo que les distancia. Al fin y al cabo, en este país, todo se puede arreglar con una buena comida, y entonces sí, hacer negocios.

            Que Mas era un convencido nacionalista era algo que todos sabíamos, pero que defendiera un estado catalán independiente... esto nunca se le había escuchado

             Publicado no Progreso o26-10-2013

A abolición do traballo



Juan Carlos F. Naveiro

“O traballo é a fonte de case toda a miseria existente no mundo. Case todos os males que se poden nomear proceden do traballo ou de vivir nun mundo diseñado en función do traballo. Para deixar de sufrir, temos que deixar de traballar”, así de contundente comenza “A abolición do traballo”, libro do anarquista americano Bob Black (Pepitas de Calabaza, 2013).
Tanto por extensión (breve) como por ánimo (decididamente panfletario), o libro ten ese utopismo sesentero de cando semellaba posible que os avances tecnolóxicos reducisen a necesidade do traballo humano e liberasen tempo para a relación, a expresión e en definitiva a vida. Pero Bob Black escribe nos anos 80, antes da extensión mundial das redes de comunicación electrónica pero xa metido de cheo nos inicios da revolución neo-conservadora que non parece ter fin.
Naqueles tempos de estrea da democracia neste país –tan lonxe, tan cerca– dábase moi frecuentemente un dilema en todo tipo de asambleas e reunións de colectivos, entre os que seguían un marxismo máis ortodoxo e os máis ácratas ou anarcoides: dun lado os que iban a pola ocupación das estruturas de poder para xestionar desde elas a transformación social, e doutro os que non daban por suposto que un cambio nas relacións de poder levaría por si só a abandonar os valores da dominación e promovían a capacidade de autoxestión desde a base. Planificar a revolución, ou vivila.
Era en parte a polémica entre o activista e o hippie, e algo desa dobre actitude (aínda sen coincidir de todo en cada caso) tense traducido despois de moitas maneiras: no debate entre pesimismo ilustrado (os que renegan sempre dos males do mundo desde confortables posicións intelectuais) e vitalismo híbrido (os que misturan  precarias estratexias de acción); entre “apocalípticos” e “integrados” (en termos de Umberto Eco); entre tecnófilos e tecnófobos; entre militantes fortemente ideoloxizados e “dilettantes” que merodean nos espazos de conflicto como bárbaros de novo cuño; ou entre habermasianos e pensadores de ascendencia post-estruturalista. Son liñas de fractura que non pasan polo mesmo lugar pero que teñen resonancias similares.
Dilemas coma estes atravesan as pocicións sobre o futuro do traballo e sobre o valor que se lle da ao traballo, dilemas que existen e se producen no medio ambiente cultural dunha tradición filosófica que relegou o traballo a unha esfera exterior allea ao pensamento (por canto os gregos nos legaron un modelo no que toda forma de acción estaba subordinada á contemplación). Pero o traballo persiste como problema pendente, e acuciante, arredor da súa función e da súa distribución social.
A situación actual está a producir todo tipo de distorsións ideolóxicas. O traballo escasea e precarízase, pero esa realidade ven a encubrirse coa neolingua da flexibilidade e a moderación salarial, a competencia polos postos de traballo enmascárase de busca da competitividade, e os dereitos se nos presentan como raros privilexios. Parece que a máxima aspiración sería un salario sen ter que traballar (de aí o debate sobre unha Renda mínima de cidadanía), pero así encubrimos o debate de fondo sobre o sometemento da actividade humana ao imperio mundial das finanzas. E agora en Holanda (país de vangarda que marca tendencia) traducen o desmantelamento do Estado de benestar coa defensa da “sociedade participativa”. Volven os tempo do “apoio mutuo” de Kropotkin para sustituir ás feblezas do Estado. E de feito o anarquismo tiña ese acento individualista que era reacio ás sobredeterminacións colectivas; solo que, unha vez pasado polos ultraliberais “Chicago boys”, acaba por confluir no fanatismo “libertarian” do Tea Party.
A pesar da contundencia dos conflictos que se aveciñan, as liñas de demarcación fanse difusas e as identificacións políticas se debilitan (ao tempo que se reforzan as identidades culturais de todo tipo). Pero da tradición libertaria, xunto a unha certa romántica do individuo, hai elementos que convén reter e rescatar, como a idea de autoxestión, o cooperativismo e a pulsión anti-burocrática.
Por outra parte, na rede prolifera un anarcocapitalismo que se da a man cos anti-sistema e o auxe dos “partidos pirata” (e agora en España o “partido x”). Hai unha épica da transparencia que ten os seus propios heroes (Julian Assange, Bradley Manning, Edwuard Snowden), que convive amigablemente co noso rexime de control e coa extensión do que Bob Black chamou “fascismo fabril”.
Non estamos lonxe de ser sociedades hipervixiladas e disciplinadas, e ao mesmo tempo aferrámonos a modelos laborais obsoletos, agardando que unhas décimas porcentuais de crecemento reapuntalen os obxectivos dunha sociedade “diseñada en función do traballo”.
¿Unha revolución lúdica, que transforme o traballo en xogo e supere as contradiccións do traballo coa vida? En liña coa tradición libertaria esa é a “abolición do traballo” que propón Bob Black. Como dicía Schiller: “O animal traballa cando carece de algo, e xoga cando reborda enerxía”.

Publicado no Progreso o 19-10-2013

Relaxing cup, ou non?



José Domingo de Prada

Nestes tempos tan neoliberais -eufemismo de neoconservadores- pode parecer un anacronismo recorrer ao pensamento de Marx. Non obstante, é necesario recordar que elaborou un sistema filosófico potente, amplo e con matices suficientes para poder dar conta dunha parte importante do seu mundo e incluso para insinuar reflexións que permiten interpretar algún aspecto do noso. Esta característica aflora nos grandes sistemas filosóficos e permítelles manter a súa vixencia, á marxe dos avatares históricos que logren os intentos de aplicalos que outros fagan deles. Os sistemas manteranse mentres inciten reflexións das que careceriamos sen eles.
Querería, pois, analizar un aspecto da nosa sociedade desde o outeiro marxista ‒marxiano din os eruditos para marcar diferenzas‒, e desde a actualidade na que vivimos. Leamos, por exemplo, a anécdota da fallida presentación da Candidatura Madrid 2020, da que hoxe apenas lembramos xa nada. Claramente foi un fiasco ‒fiasco, que non fracaso, pois non podemos falar de fracaso cando non se fan os esforzos mínimos adecuados para acadar os obxectivos que se pretenden‒. Todos estabamos convencidos que ía ser elixida Madrid, incluso os que non tiñamos claro que iso supuxese beneficio algún e si moitas cargas, débedas a sufragar por man común, niños de corruptelas e enchentes a costa do erario público. Dá boa conta das intencións do que se preparaba o feito de que enviaramos máis representantes a Bos Aires para cantar as loas da nosa candidatura que a suma das outras dúas (cos correspondentes gastos de representación, supoñamos).
Ademais, como se predicou oficialmente e se amplificou nos medios de comunicación ‒sobre todo nos afíns, e por contaxio, en todos‒ eramos os mellores. Desenvolveuse unha imaxe exacerbada dos méritos propios unida a unha incidencia sobreactuada nos defectos dos demais. Todo isto xerou unha autocomplacencia convencida cos nosos méritos, e creamos unha imaxe falsa de nós e das nosas bondades e outra, non menos falsa, dos nosos rivais e dos seus defectos. Isto denomínase, en termos marxistas, ideoloxía. E como denuncia Marx, a ideoloxía deforma a nosa percepción da realidade. A de todos.
Estean seguros de que Ana Botella estaba convencida ‒ideoloxicamente convencida‒ de que o seu «relaxing cup» ía ser unha auténtica bomba que esnaquizaría as derradeiras reticencias que poderían manter os membros do COI para votar por Madrid, o mesmo pasa co ton empregado na súa alocución: ridículo, si; intencionado, tamén. Esa intencionalidade, e o esforzo que, de certo, lle supuxo conseguilo, teñen un fundamento ideolóxico. O seu asesor dicía que traballara a reo para dar o mellor de si mesma, aínda que igual non debemos fiarnos do seu asesor, que ten que xustificar os cuantiosos emolumentos que percibiu.
Ideoloxía foi tratar de tapar os defectos da candidatura de Madrid, por extensión de toda España ‒a non ser que Madrid queira manter sinais de identidade propios separados do resto do Estado‒ como por exemplo as liortas que houbo nos xuízos por dopaxe, as bolsas de sangue e a súa polémica destrución. É aquí cando é cuestionado o nome de atletas significativos, cando se cuestionan  actuacións xudiciais ou se mira con receo desde a comunidade internacional a loita contra a dopaxe en España. Entón non serve para nada dicir: ‒ «No dopping in Spain».
A presentación dunha candidatura austera pretendía ocultar problemas reais da nosa economía, tanto de Madrid (pénsese na descomunal débeda dese Concello) como do país (case mellor non pensar na débeda do país). Percibírono inmediatamente moitos xornalistas e membros do COI que preguntaron rapidamente polos recursos. Posiblemente non estaban preocupados pola xustiza social en Madrid, nin, por extensión, en España, senón polo mantemento dos seus privilexios e do seu estatus (ideoloxía de clase dominante).
A realidade púxonos no noso sitio. Quedamos eliminados fronte a rivais que considerabamos máis febles pola nosa mala planificación, pola nosa mala presentación, por non enfrontar os problemas de cara, tentando poñer sobre a mesa algunha solución, como si fixeron os outros. Aínda así, algúns gritaron: ‒ «Tongo», «tongo», principalmente desde a festa frustrada que se pretendía levar a cabo para celebrar a vitoria de Madrid. Decátense da sibilina actuación da ideoloxía que só está disposta a admitir o que lle interesa e que pretende mover o mundo ao seu antollo.
Xa sei que moitos replicarán que desexaban que ganase Madrid por vontade propia, por afinidade afectiva coa candidatura de Madrid, pero isto como sinalou Foucault, non é máis cá forma capitalista da ideoloxía, que se enmascara e amosa como desexo o que nos impoñen, que tenta camuflarse proclamando a fin das ideoloxías e autodefiníndose como non ideoloxía, como dato, de tal xeito que o que nos mostra pretende ser a verdadeira e única realidade e non unha deformación dela. De igual forma, ideoloxía é o esquecemento, non querer volver a lembrar o fiasco institucional e persoal nin o derroche de recursos que supuxo. Todo o que non lle convén á ideoloxía dominante se esconde con novas realidades prefabricadas ad hoc.
Para rematar, e dado que vexo que estamos excesivamente relaxados ante as ‘extravagancias’ dalgúns dos nosos representantes, permítanme pedir café só, dobre e ben cargado, a ver se conseguimos estimularnos un pouco e saímos do marasmo en que a crise e os que nos maldirixen nos meteron.

Publicado Progreso 12-10 2013

Pesimismo, realidade e utopía



Gonzalo Pérez López

 En non poucas ocasións, os que comparten criticamente comigo o contido dos artigos publicados neste diario, achácanme o excesivo pouso pesimista que deixan todos eles e convídanme a ofrecer algunha alternativa para un futuro próximo. Aínda que se me ven á memoria, como posible resposta, a frase de Benedetti de que “un pesimista é un optimista ben informado”, paréceme algo pretensiosa e non penso eludir o reto de intentar xustificar a miña postura.
Parece obvio que a alternativa está implícita no desenvolvemento dos propios artigos, dos que se pode colixir facilmente aquela, aplicando o contrario do que rexeitan. De todas maneiras, calquera posibilidade de transformación  pasa por unha análise obxectiva da realidade a substituír para, a partir dela, esbozar unha opción viable de cambio, non exenta desa utopía realizable imprescindible para propiciala e dinamizala.
Centrémonos, pois, como punto de partida para a reflexión colectiva, na necesaria revisión da escala de valores vixente á vez que nunhas condicións mínimas esixibles para que un modelo de convivencia global sexa posible, que pasarían por:
-Compromiso moral para acabar coa desigualdade e a violencia estrutural capitalista, o que supón o reparto solidario do traballo e dos recursos e bens mundialmente existentes, o que permitiría unha vida digna para toda a humanidade. A solidariedade sincrónica suporía unha aproximación á xustiza social hoxe e a diacrónica a garantiría plenamente ás xeracións  futuras. Isto esixe un control científico e ético simultáneos do desenvolvemento, orientándoo con criterios de sostibilidade.
-Prioridade do público sobre o privado e discriminación positiva para as persoas que a necesiten, como paso previo a que o sistema produtivo e os servizos respondan exclusivamente aos intereses colectivos.
-Desaparición do FMI e de calquera organización que opere como un instrumento de poder en beneficio dos intereses dunha minoría da que depende a vida da maioría dos habitantes do planeta.
-Democracia real e global liberada do secuestro á que a someten os mercados. Modelo democrático que ten que superar as anquilosadas fórmulas actuais para orientala á participación consciente e permanente da cidadanía. Listas abertas, proporcionalidade plena, consultas regulares para decisións puntuais, posibilidade de revocar ós elixidos cando non cumpran coas súas propostas de goberno e unha remodelación total da organización dos estados que garanta unha auténtica división de poderes e a concreción na realidade da reforma das constitucións cando a maioría dos cidadáns consultados así o esixan.
-Superación da política entendida só como actividade lucrativa, e recuperación da participación directa do cidadán e da súa satisfacción por ter contribuído á realización dos intereses da colectividade.
-Moralización da vida pública e privada, potenciada por un modelo educativo orientado cara á solidariedade, á empatía, á asertividade, á autonomía intelectual, á superación da alienación e do pensamento único e a asunción da cultura da responsabilidade, tendo como fío condutor a realización das persoas e o benestar colectivo.
-Recuperación do decisivo papel da sociedade civil e do asociacionismo en xeral como control do poder e mesmo como marco de expresión da sociabilidade do ser humano anulada polo individualismo inoculado polo modelo económico e social imperante.
-Superación da uniformización e do etnocentrismo e valoración positiva das aportacións de todas as culturas á construción da república universal, sen outro límite que o que marca o desenvolvemento práctico dos dereitos humanos en pro da convivencia mundial nun plano de liberdade, igualdade e respecto.
-Os medios de comunicación e as tecnoloxías da información e a comunicación ó servizo da verdade e dos intereses do cidadán universal, dado que, de non ser así, calquera aproximación a unha democracia de calidade, é  hoxe impensable.
-Creación dun organismo internacional que garanta o desarme e o cumprimento dos puntos anteriormente citados e, polo tanto, a xustiza social e a paz mundial.
A realización destas condicións mínimas que conduzan a outro modelo de sociedade pasa polo cumprimento da primeira delas, polo que é imprescindible analizar a viabilidade desa irrenunciable solidariedade.
Se o capitalismo, nas súas distintas maneiras de manifestarse, domina todos os ámbitos da realidade e a esencia do capitalismo, a creación imparable de plusvalía e o enriquecemento privado, é a antítese da solidariedade, cabe a posibilidade de que o propio sistema emprenda voluntariamente a súa autodestrución?, poden os cidadáns enfrontarse pacificamente cun poder mundial que controla, mediante o monopolio da violencia física e psicolóxica, dende a estrutura económica á vida privada das persoas?
Se á obviedade das respostas a estes interrogantes lle engadimos que a maioría dos cidadáns do mundo consideran como inxenuas, ilusas e mesmo extravagantes as miñas propostas, outro modelo de convivencia non é esperable nun futuro próximo e o pesimismo que se me atribúe convértese en sinónimo de realismo.
Pero non é o meu un pesimismo da resignación, da pasividade e do punto final e, polo tanto, non pode ser óbice para que o meu proxecto vital e a acción diaria que del se deriva, se orienten cara ao cumprimento das condicións apuntadas xa que, como dicía Saramago, “os únicos interesados en cambiar o mundo son os pesimistas, porque os optimistas están encantados co que hai”

Publicado no Progreso o 5-10-2013

viernes, 14 de febrero de 2014

Indefensión aprendida



Elías Pérez Sánchez

Durante os anos 70, os psicólogos Seligman e Overmaier desenvolveron unha interesante teoría que, se ben nun principio serviu para explicar comportamento animal, posteriormente se mostrou con gran capacidade explicativa para un número importante de comportamentos humanos. Seligman e Overmaier descubriron que, tras someter un animal a constantes castigos e estados de shock sen posibilidade de escapatoria, o devandito animal non emitía xa ningunha resposta evasiva aínda que, por exemplo, a gaiola na que se lle encerraba tivese quedado aberta. Con outras palabras, aprendera a sentirse indefenso e a non loitar contra iso. Posteriormente o fenómeno foi refinado en termos dunha percepción de non continxencia entre posibles condutas de evasión e as súas nulas consecuencias: fixese o que fixera o animal sempre obtería o mesmo resultado negativo. A consecuencia máis directa do proceso sería a inacción ou perda de toda resposta de afrontamento. En esencia, este é o principio da súa Teoría da Indefensión Aprendida, teoría que posteriormente foi aplicada ao estudo de certos estados psíquicos emocionais e condutas humanas como a depresión, a autoculpabilidade, a carencia de autoestima, o fracaso escolar ou o maltrato feminino.
De todos os xeitos, a devandita teoría foi nos últimos anos trasladada ao ámbito social por parte de sociólogos e psicólogos sociais co fin de explicar o comportamento pasivo e fatalista da cidadanía ante o constante ataque político e económico que deteriora os seus dereitos máis fundamentais.
En efecto. A indefensión aprendida é considerada, en primeiro lugar, como unha patoloxía social en tanto que comportamento preguiceiro e conformista ante as consecuencias máis duras da crise económica actual como poden ser o desemprego, os desafiuzamentos, a pobreza xeneralizada, os recortes sociais, salariais e de dereitos que recaen nunha cidadanía que nada tivo que ver coas súas causas e que se sente incapaz de comprender as razóns polas que os seus dirixentes son capaces de inducir un estado represivo de tan dubidosa compatibilidade cos dereitos humanos máis fundamentais.
En segundo lugar, a indefensión aprendida é un estado patolóxico de medo colectivo. A activista Susan George declarou hai tempo que "España se convertera nunha rata de laboratorio capaz de soportar -e tolerar- o castigo sen mostrar síntomas de inconformismo ou rebelión social". Esta actitude é explicable dende a teoría da indefensión aprendida con certa sinxeleza: as leis, recortes e axustes sociais son administrados gradualmente á cidadanía como un veleno que a somete a unha ansiedade constante, contando moitas veces co falso lexitimador de determinados medios de comunicación e líderes de opinión, e coa finalidade de convencela da necesidade de aceptar resignada e inevitablemente a perda dos seus dereitos. É o que se entende como "a doutrina do shock", a saber: a finalidade última de semellante acción política (e manipulación mediática) estaría encamiñada a prostrar á cidadanía nun constante estado de shock provocando o temor, a parálise social, a inacción, a perda total de motivación, a renuncia á esperanza de alcanzar as metas desexadas e o abandono da posibilidade da mobilización social co fin de mellorar a situación social e económica na que vive. En suma, trataríase, pois, de xerar na cidadanía un estado de desesperanza aprendida, de fracaso interiorizado, de parálise emocional e de medo patolóxico e colectivo.
A estratexia é clara. O medo, esa emoción básica que nos paraliza, está sendo utilizada politicamente como instrumento, por parte do neoliberalismo (que é, indubidablemente, bastante máis que unha teoría económica) co fin de alcanzar os seus obxectivos. E faino dun xeito eficaz demostrando tamén que o medo pode chegar a converterse nun constructo social e cultural intencionado e inducido.
Que facer ante esta situación? Seligman e outros autores apelan ao optimismo como recurso para elevar a esperanza; apelan á perseveranza e á convicción de que calquera situación, por difícil que sexa, é sempre evitable. Abandonar a pasividade e a submisión ante a realidade social na que vivimos é prioritario e para iso convén lembrar e interiorizar definitivamente aquelas palabras de John Dewey coas que nos advertía que "unha sociedade libre é aquela na que os seus membros posúen a capacidade de elección e discernimento, de comprender o que acontece no momento no que viven e de ser capaces de cambiar a súa situación se así o deciden". A resignación non parece, pois, a mellor das opcións.

Publicado no Progreso o28-9-2013