Carmen González López
Que está a pasar co fútbol? Estase a convertir este deporte nunha válvula
de escape en estos tempos de crise? Como adoita dicirse o «fútbol non da
solución os problemas, pero si alegrías e po iso a sociedade llo agradece de
forma xenerosa».
En que sociedade vivimos, onde o fútbol está inmerso na cultura nacional e
moitos aspectos da vida xiran arredor del, onde as vitorias traen felicidade á
comunidade local ou ópaís e a derrota convértese en traxedia, onde hai unha
síndrome de abstinencia cando acaba a tempada, onde o país pode quedar
paralizado ante un partido de fútbol.
Moitos destes futboleiros non se mobilizan por moitos problemas urxentes
que estamos a vivir e si por conseguir os cartos para que o seu equipo
permaneza nunha categoría, tampouco ben mal os soldos desorbitados que se lles
pagan aos futbolistas, cando unha gran parte da poboación nestes momentos non
ten nin para comer.
A pesar da crise que se está a vivir a afluencia aos estadios por parte dos
cidadáns non deixa de subir, moitos gastan 100 euros ou máis nun partido cando
ó mellor non teñen para comer o resto do mes.
É posible que o fútbol cree ese estado de dependencia? Xa Winston Churchill
se deu conta de que isto do fútbol era algo especial e por iso afirmou: «Os
italianos perden guerras como se foran partidos de fútbol e os partidos de
fútbol coma se foran guerras».
Os expertos afirman que todos os grandes acontecementos de masas teñen
carácter terapéutico, as persoas buscan acontecementos que lles axuden a
evadirse un tempo dos problemas.
Os afeccionados están ligados ao fútbol non só o momento do partido haxa ou
non competición as mensaxes son constantes para manter captada a súa atención,
atención que non se capta noutras noticias máis relevantes, nisto, claro está,
teñen moito que ver os medios de comunicación.
A cuestión está en que ó acabar o partido, cada cal volve á súa crúa
realidade, a ter que pelexar co día a día nunha sociedade onde cada vez máis
xente non ten un traballo e unha vivenda dignos.
Os futbolistas no deberían ser referentes de nada dentro dunha sociedade,
parece que este deporte «está por enriba do ben e do mal». Poderá seguir
estando se a crise que estamos a vivir se alonga aínda máis tempo?
Millóns de españois que teñen que apurar todas as semanas os seus ingresos
para ir ós estadios o decidirán.
Publicado no Progreso o 27-7-2013
No hay comentarios:
Publicar un comentario