Miguel
A. Marínez
'Memento
mori’ é unha frase latina que pretendía recordar ás persoas a
súa condición mortal: «Lembra que es mortal». Usada como tópico na literatura e
na arte europeas, tiña como función conxurar a vaidade da existencia e facer
pensar na futilidade de amorear bens e propiedades diante dunha morte
inelutable.
Na súa forma extrema podería considerarse como
unha das regras da ‘ars moriendi’ clásica: unha preparación en vida para a
morte. Dito outramente: o pensamento da morte como regra para as decisións que
se toman Memento vivere en vida. Cal sería hoxe a regra da arte de morrer, a
preparación para o momento final? Talvez a contraria: ‘memento vivere’ (lembra
vivir).
O ‘memento vivere’ non é simétrico ao ‘memento
mori’. Pode parecer unha fórmula paradoxal: nificencia do cosmos en nós. É o
que asombraba a Kant: o ceo estrelado sobre nós (o universo infinito) e a lei
moral dentro de nós (a capacidade de actuar con liberdade). Mais adaptado ao
mundo de hoxe. Por exemplo, un dos aspectos máis interesantes da sociedade
tecnolóxica é a progresiva ampliación do coñecemento cientí- fico sobre o
sistema solar e outras galaxias, a historia evolutiva do planeta terra e a súa
biosfera. Isto pode ser aproveitado ao noso favor para repensar e recrear a moral
persoal e colectiva.
Facer unha reflexión ética deste tipo quizais nos
habilite para actuar consonte á autoconsciencia que logrou a nosa especie e,
acaso, practicar o ‘memento vivere’. É posible esquecer que se vive posto que,
precisamente, se vive? Evidentemente si. A falta de autoconsciencia é a proba.
Se noutros tempos non se vivía porque era fundamental prepararse para a vida
inmortal, na actualidade acontece o mesmo mais por outro motivo. Desaparecida a
inmortalidade do horizonte persoal e social, irrompe a hipervitalidade, a
exaltación da oportunidade, o hipervínculo á circunstancia. A fascinación polo
‘carpe diem’ (aproveita o momento!) convértese nun imperativo: debes vivir como
se cada momento fose un fin en si mesmo, non un medio! Ou, tamén, unha especie
de máxima: regula cada instante como se fora o último porque pode selo! A
mentalidade economicista e bancaria concibe a vida como un capital, o
pensamento como un balance e o ben como o logro dunha renda positiva. O seu
‘ethos’ é: a vida non debe ser malgastada! O rendemento do instante debe ser
visible, a ser posible, en efectivo, figurar no rexistro dos haberes. Esta
maneira de pensar e actuar impide apropiarse con sosego do ‘memento vivere’.
‘Memento vivere’ é actuar no presente de tal xeito que en cada momento se teña
presente a magnificencia do cosmos en nós. É o que asombraba a Kant: o ceo
estrelado sobre nós (o universo infinito) e a lei moral dentro de nós (a
capacidade de actuar con liberdade). Mais adaptado ao mundo de hoxe. Por
exemplo, un dos aspectos máis interesantes da sociedade tecnolóxica é a
progresiva ampliación do coñecemento cientí- fico sobre o sistema solar e
outras galaxias, a historia evolutiva do planeta terra e a súa biosfera. Isto
pode ser aproveitado ao noso favor para repensar e recrear a moral persoal e
colectiva. Facer unha reflexión ética deste tipo quizais nos habilite para
actuar consonte á autoconsciencia que logrou a nosa especie e, acaso, practicar
o ‘memento vivere’.….
Publicado no Progreso o 17-10-2015
No hay comentarios:
Publicar un comentario