jueves, 13 de febrero de 2014

Fútbol e sociedade



Carmen González López

Que está a pasar co fútbol? Estase a convertir este deporte nunha válvula de escape en estos tempos de crise? Como adoita dicirse o «fútbol non da solución os problemas, pero si alegrías e po iso a sociedade llo agradece de forma xenerosa».
En que sociedade vivimos, onde o fútbol está inmerso na cultura nacional e moitos aspectos da vida xiran arredor del, onde as vitorias traen felicidade á comunidade local ou ópaís e a derrota convértese en traxedia, onde hai unha síndrome de abstinencia cando acaba a tempada, onde o país pode quedar paralizado ante un partido de fútbol.
Moitos destes futboleiros non se mobilizan por moitos problemas urxentes que estamos a vivir e si por conseguir os cartos para que o seu equipo permaneza nunha categoría, tampouco ben mal os soldos desorbitados que se lles pagan aos futbolistas, cando unha gran parte da poboación nestes momentos non ten nin para comer.
A pesar da crise que se está a vivir a afluencia aos estadios por parte dos cidadáns non deixa de subir, moitos gastan 100 euros ou máis nun partido cando ó mellor non teñen para comer o resto do mes.
É posible que o fútbol cree ese estado de dependencia? Xa Winston Churchill se deu conta de que isto do fútbol era algo especial e por iso afirmou: «Os italianos perden guerras como se foran partidos de fútbol e os partidos de fútbol coma se foran guerras».
Os expertos afirman que todos os grandes acontecementos de masas teñen carácter terapéutico, as persoas buscan acontecementos que lles axuden a evadirse un tempo dos problemas.
Os afeccionados están ligados ao fútbol non só o momento do partido haxa ou non competición as mensaxes son constantes para manter captada a súa atención, atención que non se capta noutras noticias máis relevantes, nisto, claro está, teñen moito que ver os medios de comunicación.
A cuestión está en que ó acabar o partido, cada cal volve á súa crúa realidade, a ter que pelexar co día a día nunha sociedade onde cada vez máis xente non ten un traballo e unha vivenda dignos.
Os futbolistas no deberían ser referentes de nada dentro dunha sociedade, parece que este deporte «está por enriba do ben e do mal». Poderá seguir estando se a crise que estamos a vivir se alonga aínda máis tempo?
Millóns de españois que teñen que apurar todas as semanas os seus ingresos para ir ós estadios o decidirán.

Publicado no Progreso o 27-7-2013

No hay comentarios:

Publicar un comentario