María del Carmen González López
A que se dedica o meu fillo cando está diante do ordenador? É a pregunta
que os pais se fan. Para eles é complicado, as redes sociais forman parte da
formación cultural e da vida cotiá dos mozos e adolescentes e, a diferenza dos
seus fillos que coñecen o mundo dixital dende que naceron, teñen que implicarse
nunha nova realidade en moitos casos descoñecida para eles.
As redes sociais representan unha contorna con enormes posibilidades, pero
tamén riscos importantes, sobre todo para os máis novos. O reto final dos pais
debe ser educar os seus fillos nun uso responsable delas.
O beneficio que trouxeron as redes sociais é importante (comunicación
intercontinental, traslado en tempo real da información…), pero tamén trouxeron
riscos para os seus usuarios e para quen os rodea.
As novas xeracións non logran separarse dos seus ordenadores ou dos seus
móbiles, perdendo a posibilidade de relacionarse con outras persoas,
especialmente cos seus familiares, postergando as súas tarefas escolares para
seguir a maior tontería que apareza nalgunha das redes que utilizan normalmente
sobre todo Facebook e Tuenti.
Estas redes estanse a converter en arquivos diarios onde cargan unha
altísima información non só da súa vida, senón dos seus amigos, os seus
traballos, as súas afeccións, e todo iso con fotos e comentarios e, unha vez
colgada esa información, non podemos saber o uso que se fará dela xa que escapa
ao noso control.
O acoso a través das redes e a fraude crece cada vez máis co fin de
arruinar a reputación de alguén, o uso da webcam de forma irresponsable ofrece
unha información moi detallada sobre o que a está a utilizar (imaxe do rostro,
idade, estado de ánimo, se existen persoas cerca…), información aproveitada
polos chamados depredadores sexuais por iso somente debe usarse con
interlocutores de confianza e non facer diante dela nada que non se faría en
público.
Actualmente, segundo estudos realizados, existen mil millóns de usuarios
das redes sociais en todo o mundo; pertenecer a unha rede é case algo común
para todos os usuarios de internet. Pero o binomio tecnoloxía e privacidade do
usuario debe combinarse con efectividade e , como din moitos estudos, «non
podemos prescindir da nosa privacidade como a consecuencia das novas
tecnoloxías e dos cambios sociais e, moito menos, para ter a cambio máis
diñeiro, máis fama o máis amigos».
Cada vez haberá máis usuarios das redes, pero o que teñen que entender os
mozos é que si son necesarias, pero que ao final existe un mundo real, e para
sobrevivir nel necesítanse coñecementos reais, fóra de realidade virtual, e que
non poden ser utilizadas como un escape fácil para solventar problemas que cada
vez están aparecendo máis na nosa sociedade como a incapacidade para
desenvolver relacións afectivas, problemas familiares, escolares ou laborais.
Publicado no Progreso o 29-11-2014
No hay comentarios:
Publicar un comentario