Carmen González
Como cambiaron as cousas, hai anos os pequenos saian da escola, pasaban
pola súa casa, recollían a merenda e marchaban xogar a rúa con amigos ata a
hora de facer os deberes e cear.
Hoxe saen da clase sen tempo para
merendar e nada de xogar, a clase de Inglés, a tocar un instrumento ou facer
algún deporte.
Como din moitos país “ para que perdan o tempo na casa, xogando ou vendo a
tele, mellor que aprendan algo ou que fagan deporte”.
O que non aprecian é que “perder o tempo” tamén é algo importante na aprendizaxe. A psicóloga Purificación Sierra
apunta que “ as actividades
extraescolares converteron un tempo de ocio nunha obriga, porque teñen
unha finalidade, uns obxectivos cuantificables e deixan de ser un mero disfrute
en si mesmas.”
Isto leva cada vez máis a que aparezcan nenos estresados, sen creatividade,
empachados de actividade e información, que cando non se lles organiza o tempo
non saben que facer, resultándolles difícil relacionarse cos demais, traballar
en grupo ou resolver problemas sós.
Efectivamente hai pequenos que lles piden a seus pais que os apunten a
determinadas actividades extraescolares porque van os seus amigos e moitas
veces tamén o piden porque a alternativa sería quedar sós na casa, e moitas
veces serven para organizar ou cubrir as xornadas laborais dos país.
Pero a socialización que se desenvolve nestes contornos dirixidos,
regulados e con monitores deixa pouco espazo para a creatividade ,pode aparecer
o illamento xa que se non cumpres as regras déixante fóra e a agresividade e a
frustración aparecen.
Esta agresividade e frustración, cando xugabamos na rúa, aprendíamos a
controlala e sabíamos esperar as gratificacións polas nosas conductas.
Para aqueles que crean que o importante son os coñecementos, que hai que
estar preparadísimos nesta sociedade, que hai que saber moitos idiomas, música,
informática, facer deporte….etc. pódelles parecer estraño saber que a
capacidade de aprendizaxe é limitada, e que aprender é un proceso lento, que
necesita tempo para deliberar e tempo de non facer nada, de reflexionar ou de
xogar.
O xogo proporciona aprendizaxes para o desenvolvemento da personalidade;
creatividade, saber buscar solución ós problemas, todas elas imprescindibles
para un posterior éxito profesional. Todo hai que saber relativízalo, nin os
pequenos han de pasar todo o día xogando, nin deben estar saturados de
actividades extraescolares, trátase de saber compatibilizar.
Todos desexamos o mellor para os nosos fillos, pero hai estratexias que
empregamos que poden chegar a ser contraproducentes. Na nosa sociedade
esíxeselles aos nenos un exceso de eficiencia, pero non todos son capaces de
alcanzar o “éxito” e enfróntanse cada vez máis pronto a problemas psicolóxicos e
son medicados como solución máxica ante os problemas escolares. E estes
pequenos acaban por non ser capaces de amosar as súas emocións e ter problemas
de conduta.
Non podemos ver a existencia dividida só en duas opción: os gañadores e os
perdedores, porque así só conseguiremos pequenos moi cedo estresados, sen
ferramentas para defenderse e recuperarse dos fracasos cos que se atopen.
Debemos transmitir aos pequenos que o que deben aprender é á organizarse de forma autónoma, superar
retos, ter perseverancia, negociar, pactar e ás veces supeditar os propios
intereses, aceptar as normas, escoitar, discutir, pelexarse e reconciliarse.
Todo isto serviralles para sobrevivir na súa vida adulta e sen axuda.
Publicado no Progreso o 30-11-2013
No hay comentarios:
Publicar un comentario