Mª Isabel Sánchez Corral
Este é o título co que
arrincan as xornadas de Filosofía que o grupo Doxa realiza este novembro de
2013, por segundo ano consecutivo. Guiounos o mesmo espírito e a mesma
intención que nas primeiras: sacar á luz, levar á rúa a Filosofía. Desvelar o seu carácter
crítico e radical para que nos axude a analizar e entender a realidade, na que
os cidadáns e cidadás do común nos atopamos.
“O futuro do traballo” no
contexto actual de crise sistémica na que nos vemos inmersos, parecíanos un
tema non só adecuado senón de urxente debate.
Debate que nos fai cuestionar quen somos e onde nos situamos. Durante xeracións o traballo
definiunos, xa sexa como explotados, explotadores ou como seres
activos que se realizan na taréa diaria. En cambio, hoxe en día, froito dá a
correlación de forzas que se inclina cara ao lado dos máis poderosos, o
cidadán, o home, a muller, os seres humanos
atopámonos indefensos ante unha agresión tan brutal que a maioria
quedamos desamparados, sen saber como definirnos: traballador precario, traballadora temporal, temporal
precario, parado, excluído social. Pero como todo isto vai máis aló dun mero exercicio retórico e a realidade golpea
as nosas portas mostrándonos familias
con todos os seus membros en paro; persoas que pasan do status de triunfadores
a facer cola diante dun albergue, para poder conseguir produtos de primeira
necesidade; nenos, nenas, adolescentes que só fan unha comida ao día en pleno
desenvolvemento físico e psíquico;ante isto o grupo Doxa non só cre necesario
falar, debater, expoñer ideas senón facelo coa mesma intención primeira que animou
a este grupo, non só quedarnos no debate senón que froito deste xurdan as alternativas que nos sitúen
ante a realidade, cando menos, dun xeito consciente.
Para debater sobre esta
problemática o primeiro día, xoves 7 de novembro ás seis e media da tarde,
contaremos coa presenza de Antón Baamonde, escritor e filósofo, que co título
de “ Galicia no contexto da crise” situaranos nesa crise que abordela tamén a
nosa terra. Análise que nos levará por
esas crises que se van sucedendo: a do
mundo financeiro, a institucional,a do euro, a de valores,... E cunha pregunta
aberta pegada á nosa conciencia: sairemos destas crises?, a que prezo?, en que
condicións?.
A continuación o
Catedrático Emérito de Socioloxía na
USC, Juan Luís Pintos analizará a realidade a través dos imaxinarios sociais.
Estes imaxinarios sociais que noutras épocas eran construídos polas Igrexas,
Estados, Mercados, etc e foron os que
nos fixeron entender, vivir e crer “o que era o traballo”. Do mesma xeito hoxe
en día se dá a mesma construción que se
trasmite a través dos medios masivos. Na actualidade esa construción é menos
monolítica e os seus imaxinarios máis plurais e complexos. A través da súa
análise poderemos desentrañar as distintas lecturas sobre o traballo e así nolo expoñerá Juan Luís Pintos na súa
charla “ Imaxinarios sociais do traballo”.
O venres día oito as
charlas centraranse, aprimeira hora, en “O futuro do dereito do traballo como
instrumento para a igualdade”, a cargo da presidenta do Consello Consultivo de
galicia e Magistrda do TSXG, Teresa Conde-Pumpido. Desde unha perspectiva
feminista introdúcese a voz dunha muller para situarnos no terreo da igualdade
formal ou a igualdade real. Nunha desregulación total do mercado laboral a gran
pregunta que nos queda por facer é a pervivencia dos dereitos da muller pola
igualdade a nivel económico e laboral. Foi un soño a igualdade real neste
campo?.
Xa entrada a tarde-noite o
profesor de Filosofía na Universidade Complutense, Carlos Fernández Liria, analizará dunha forma radical baixo o
título:” A era do post-traballo?”, a situación de miles de traballadores que xa
non se diferencian dos parados, que se
lles obriga a chamarse a si mesmos “emprendedores” nun exercicio perverso do
propio sistema , que os culpabiliza por non traballar ao mesmo tempo que lles expulsa do mercado
laboral. Ante todo isto o noso ponente defenderá a vella idea de Lafarge: o
comunismo é o dereito á preguiza da humanidade.
Por último, o grupo Doxa
invita a Lugo e á súa cidadanía a que acudan ao Ágora: a dialogar, polemizar e
compartir ideas. Este espazo de debate na nosa cidade materialízase no Salón de
actos da Deputación de Lugo, os días sete e oito de novembro.
Publicado no Progreso o 2-11-2013
No hay comentarios:
Publicar un comentario